Skip to main content
ActualidadeBegonte

Xinetes de toda Galicia realizarán unha ruta por Begonte

Por 20 Xullo, 2018Sin comentarios

Xinetes de toda Galicia realizarán o sábado 21 por Begonte a súa última edición da ruta cabalar.

Esta actividade para os amantes dos equinos comezará cun xantar que custará 10 euros no pavillón escolar de Begonte a partir das 15:00 horas. Despois, ás 17:00 horas todos os asistentes poderán participar nun percorrido a cabalo e farase unha parada para repoñer forzas. Tamén está organizada unha cea ás 22:30 horas que custará 20 euros.

Contarase cun servizo veterinario e ferrador durante a toda a ruta. Haberá trofeos para a asociación de máis lonxe e para a asociación máis numerosa, ademais de que sortearán agasallos como por exemplo dúas cubricións a escoller entre os sementais Miserable Cen, LC Kashir e AB Yadth.

A organización ten previsto a participación de 200 persoas e 120 cabalos. Para anotarse, é preciso facelo antes do día 19 de xullo nos seguintes números de contacto: 606 952 573 – 616 664 877.