Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Organizan un torneo de Tute previo ao maratón de Fútbol sala

Por 23 Xullo, 2018Xullo 27th, 2018Sin comentarios

O IV Maratón de fútbol sala de Rábade, que se celebrará os días 27, 28 e 29 de xullo comezará cun campionato de tute que terá lugar o venres 27 de xullo ás 17.00 horas no pavillón municipal de Rábade. A incrición ao mesmo, que ten un custe de 20 puntos por parella, debe facerse nos números de teléfono 654 481 013 ou 663 563 218.

O torneo, que está organizado polo novo equipo de fútbol Insuas do Miño e o AD Rabadense, servirá para a xuntar aos rapaces e pasar unha xornada festiva. Neste encontro haberá categoría masculina cun máximo de 24 equipos e feminina, con 4 equipos. Haberá tamén premios para os mellores clasificados, 1.000 puntos para o primeiro, 500 para o segundo e 200 para o terceiro e cuarto posto. Tamén haberá dous trofeos especiais; o mellor equipo do concello que teña como mínimo 7 xogadores empadroados en Rábade e o trofeo ao mellor porteiro do torneo. Os interesados en participar teñen ata o día 26 de xullo para inscribirse.