Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Pecha o prazo de inscrición para o campamento de verán en Riotorto

Por 23 Xullo, 2018Sin comentarios

O Concello de Riotorto celebrará entre o 30 de xullo e o 4 de agsoto un campamento de verán dirixido a nenos de 3 a 14 anos para o que hai 30 prazas.

Neste campamento, que se desenvolverán no concello, haberá obradoiros, sendeirismo xincanas, multideporte, excursión ao Aquapark de Cerceda ou xogos como a busca do tesouro, entre outras sorpresas.

A presentación deste campamento, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 14.00 horas, terá lugar ás 12.00 horas na Casa da Cultura local.

O prazo de inscrición para este campamento remata o 26 de xullo e ten que realizarse na Casa do concello ou a través do teléfono 982 346 222.

O custe de participación será de 25 euros para os rapaces empadroados no concello e 40 para os non empadroados.