Skip to main content
Actualidade

O Pleno das Pontes desatasca o proxecto da cooperativa da Canle IV

Por 26 Xullo, 2018Sin comentarios

O pleno do Concello das Pontes aprobou, só cos votos a favor do grupo de goberno, á aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias da Canle IV que permitirá a construción de 100 vivendas en réxime de cooperativa, ante a presenza masiva dos cooperativistas, nunha sesión na que se dirimía o futuro do proxecto.

O obxectivo desta modificación é axeitar a norma urbanística do ano 1985, momento no que os terreos estaban ocupados pola antiga explotación mineira, á realidade e ás necesidades do municipio, nunha zona, actualmente, integrada na malla urbana da vila e en pleno proceso de expansión.

Desde o goberno local, subliñan a importancia desta modificación puntual, que contou co voto en contra de Xuntos polas Pontes e a abstención do BNG, xa que “con esta aprobación inicial dáse o primeiro paso para desbloquear a cooperativa de Canle IV, un proxecto que permitirá o desenvolvemento urbanístico do concello e que conectará o casco urbano co Lago, o novo polo de atracción do municipio”.

O grupo de goberno, que entende e defende o interese público e xeral do proxecto, durante o transcurso da sesión plenaria, argumentou a necesidade de desbloquear un proxecto que contribuirá ó asentamento da poboación no municipio e ofreceralle a un centenar de familias pontesas a posibilidade de construír as súas propias vivendas.

Tamén puxo de manifesto ós beneficios que este proxecto repotarán o concello xa que lle permitirá obter vivendas de protección oficial, novos equipamentos, zonas verdes, sendas peonís e un novo tramo de carril bici. Ademais, as arcas municipais obterán un 10% do aproveitamento neto da vivendas, feitos que repercutirán de xeito positivo no conxunto de toda a veciñanza.

Outros temas

Durante o transcurso do pleno tamén foron aprobadas dúas modificacións de crédito, de 1.071.868 euros e 458.131 euros, respectivamente, que irán destinadas, entre outras cuestións, á adquisición dunha rotopala, á compra de libros para a biblioteca municipal e de instrumentos para o conservatorio de música profesional das Pontes así como á compra de mobiliario para os departamentos de Cultura e Benestar Social.

Varías partidas orzamentarias irán destinadas ás melloras e mantemento de camiños veciñais, ó mantemento de edificios públicos, á conservación e mantemento na rede de saneamento ou ó proxecto e estudo económico do xeriátrico.

Tamén foi aprobado un crédito de suplemento de 614.260 euros para levar a cabo diferentes obras, tanto no caso urbano como na contorna rural, entre as que destacan o saneamento en Espiñaredo, a conservación das estradas de Chao de Paces, A Rega, O Esteo e dos viarios en Vilarbó, Lamelas, Paipaz, Gondré, Goente ou Porto dos Frades.

Estes investimentos tamén contemplan a mellora da rede de augas pluviais na Avenida de Ferro,l a pavimentación dos paseos laterais do Parque Municipal ou rehabilitación da cuberta do polideportivo municipal.