Skip to main content
Actualidade

Ludolago, nas Pontes, abre o prazo de inscrición

Por 2 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello das Pontes abriu o prazo para inscribirse na ludoteca de verán, LudoLago.

Trátase dunha novidosa iniciativa municipal que ten como obxectivos prioritarios potenciar a afección polo exercicio, o contacto coa vida saudable e o respecto pola natureza entre as rapazas e os rapaces da vila así como facilitar a conciliación familiar e laboral durante a época estival.

LudoLago, en palabras da responsable da área, Ana Pena, “permitirá afianzar e potenciar, entre a xente máis nova do municipio, valores como a amizade, o compañeirismo e a tolerancia a través de actividades de turismo activo no Lago, unha área natural única e privilexiada para o lecer e a práctica deportiva”.

Esta ludoteca, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 17 anos, levarase a cabo, entre os días 13 e o 31 de agosto, na contorna do Lago, en horario de 10:00 a 20:00 horas.

A ludoteca de verán, que inclúe servizo de xantar, desenvolverase en tres quendas; a primeira irá 13 ó 17 de agosto,  a segunda será do 20 ó 24 de agosto e a última quenda irá do 27 ó 31 de agosto.

Entre as propostas de ocio incluídas na programación de LudoLago destacan as actividades de aventura como o tiro con arco, a orientación ou o paintball; actividades relacionadas coa educación ambiental, sendeirismo, xogos de campo, itinerarios de identificación de elementos naturais así como voleibol, natación, acrosport ou imaxe subacuática. Actividades que se complementarán con festivais de música, xogos de presentación  e unha excursión para visitar unha zona de piscinas inchables

As follas para inscribirse en LudoLago poden recollerse no IPPEC e deben presentarse no rexistro municipal, ata o 10 de agosto, de 08:30 a 13:30 horas.