Muras terá a súa ruta cabalar o 4 de agosto

O Concello de Muras acollerá o 4 de agosto unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello. Nesta ruta poderán  participar a cabalo ou a pé, para o que é necesario apuntarse no concello de 8:00 a 14:30 ou no teléfono 982500001. O prazo para anotarse remata o 1 de agosto e o prezo da comida é de 22 euros por persoa.

A ruta terá a súa saída ás 10.00 horas e contará con pinchos a media mañá. A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de empanada, polvo, churrasco, postre, café e chupito.

Pola tarde haberá actuación musical e xogos para todos os públicos, ademais de agasallos para os participantes.

Etiquetas