Skip to main content
ActualidadeVilalba

A asociación Sete Pontes fixo as tarefas de desbroce no polígono

Por 8 Agosto, 2018Sin comentarios

A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba comezou en xullo as tarefas de limpeza e desbroce de varias parcelas no polígono empresarial do municipio, que se atopaban baleiras. Estes labores fixéronse co obxetivo de mellorar a seguridade, xa que así poderanse evitar problemas no caso de incendios, e segundo por causas estéticas.

Dende a asociación encargáronse de xestionar os traballos contratando a unha empresa, pero cada propietario pagará pola súa propiedade. Deste xeito, acondicionáronse unhas sete parcelas, todas de titularidade privada, a cuxos propietarios se lles pasará a factura correspondente.

Este é o segundo ano que se leva a cabo este labor, polo que os traballos foron máis rápidos que no verán anterior, xa que había parcelas que levaban case dez anos sen limparse.