Todo listo para o San Roque das Pedreiras

A celebración de San Roque nos barrios vilalbeses do mesmo nome e As Pedreiras está xa lista. Como manda a tradición terá lugar o propio xoves 16 na praza de Santa María. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne, primeiro acto da celebración, que ademais da procesión rematará cunha sesión vermú a cargo do grupo Fusión.

Pola tarde, ás 21.00 horas terá lugar a terceira edición da Xuntaza de Voces de Vilalba e a continuación a verbena estará a cargo do grupo Fusión e o Dúo Estrellas.

Etiquetas