O Concello de Guitiriz contratará dous funcionarios temporais en Secretaría e Rexistro
O Concello de Guitiriz vén de convocar dúas prazas de interinos para as áreas de Secretaría e Rexistro. Estas dúas prazas convócanse por unha parte por acumulación de tarefas e tamén para baixa temporal por maternidade dunha das traballadoras.
Cos presentados a esta convocatoria elaborarase unha bolsa de emprego de administrativos interinos para futuros nomeamentos temporais nas distintas áreas municiais por un prazo de cinco anos.
Consulta as bases neste enlace.
Etiquetas Bolsa de empregoGuitiriz