Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Pol celebra a súa Festa do Emigrante

Por 23 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello de Pol prepara a súa tradicional Festa do Emigrante para o 24 de agosto cos veciños e persoas procedentes doutros lugares, que tamén queiran participar, e que se darán cita na carballeira de Mosteiro para desfrutar do xantar do Emigrante, que organiza o Concello de Pol na carballeira de Mosteiro.

O Concello instalará unha carpa con capacidade para 1800 persoas, para  que poidan desfrutar do xantar no seu interior e do ambiente festivo que haberá na carballeira de Mosteiro. A maiores, os grupos de persoas e familias tamén participarán nas merendas no exterior da carpa. De feito, contarán tamén con postos de polbo, que xa son tradicionais durante os días de feira no concello.

Nesta ocasión, a xornada dará comezo ás 11:30 cos pasarrúas a cargo de de A Cacharela de Covas. Acto seguido ás 13:00, comezará a misa, para dar paso ao pregón, que estará a cargo de Sandra Rodríguez Gómez, licenciada en dereito con raíces polenses. A continuación descubrirase a placa do XXXV Aniversario da Festa do Emigrante. Máis tarde, sobre ás 14:45 será a sesión vermú amenizada polo grupo Tribal, a modo de preludio do xantar na carballeira.

Pola tarde, a partir das catro e media, haberá xogos tradicionais a cargo de Vingolea e unha demostración de coiro a cargo de Isabel Novo Barreiro, do Centrad. A música continuará de novo co grupo Tribal a partir das seis da tarde. E xa pola noite, a partir das once, a verbena estará amenizada polas orquestras Gran Parada e París de Noia.

Ata o día 22 de agosto estará aberto o prazo para a reserva gratuíta de mesas e sillas para as merendas que se celeba na carpa situada na carballeira de Mosteiro, para reservar débese chamar ao 982 345 029.