Skip to main content
ActualidadeVilalba

Aleixandre Lago gaña o Certame Literario do Concello de Vilalba

Por 23 Agosto, 2018Sin comentarios

O culleredés Aleixandre Lago Barcala foi nomeado gañador do XLIV Certame Literario do Concello de Vilalba ao ser elexido polo seu traballo Cartafol de miraxes de entre as 60 obras presentadas que participaron nesta edición que estaba dotada cun premio de 7.000 euros.

O xurado, formado por Cheri Grandío, Darío Villanueva, Ramón Villares, Fidel Fernán e Xulio Xiz, reuníronse para fallar a favor de Cartafol de miraxes , e no acto previo ao certame presentouse tamén o libro de Emma Pedreira, Antídoto, que foi a gañadora da anterior edición.

O gañador mostrou o seu agradecemento e recibirá o galardón o vindeiro día 30 de agosto, no acto institucional que abre de forma oficial as festas patronais vilalbesas.

Durante o certame tamén déronse a coñecerer as raíñas e as damas de honra do San Ramón. As damas de honra son, como Dama Banda de Música estará Wendy Fernández Paredes; como Dama Cruz Vermella, Nabila Prieto Nzana; como Dama Asociación Cultural de Andrade, Lucía Debasa Corral; como Dama Escola Movemento, Uxía Lamas Paz; como Dama Conservatorio de Música, Lucía Paz Montenegro; como Dama Asociación Entre Lusco e Fusco, María Cabarcos García; como Dama Rácing Club Vilalbés, María Santalla Yáñez; como Dama Peña Celtista, Carla Rouco Carballés, como Dama Asociación Cultural de Árbol, Nuria Cornide Muñiz, e como Dama Escola de Taekwondo Do Moo Duc Kwan, Uxía Rodríguez García

A raíña infantil será Nina Vázquez Cendán, e a raíña adulta, Carla Valenzuela Carreiras. Este ano aumentou o número de rapazas que se presentaron para esta convocatoria, pasando das sete habituais ás doce de 2018.