Skip to main content
ActualidadeVilalba

Corbelle inicia esta tarde as súas patronais

Por 24 Agosto, 2018Sin comentarios

A parroquia de Corbelle, en Vilalba, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Bartolomé.

Os festexos darán comezo o venres 24, á partir das 21.30 horas co disparo das bombas de palenque e o acendido do alumeado.

Ás 22.30 horas, presentarase o “bolo

preñado máis grande nunca elaborado”, que estará a cargo da Panadería Martiñan. A continuación terá lugar unha chourizada e liscada gratis para todos.

A parte musical en verbena estará a cargo do Dúo Suso e Los Supremos.

O sábado, tras o lanzamento das bombas de palenque, dará comezo a misa, ás 13.30, que estará cantada pola Coral Luar de Vilalba. Tras a procesión, haberá sesión vermú a cargo de Los Españoles. Pola noite esta orquestra estará na verbena xunto ao grupo Pasión.

O domingo, último día de celebración, haberá novamente misa ás 13.30 seguida de procesión ata o campo da festa, que estará acompañada por Campeiro Suso e o grupo de gaitas Son de Luch. Tras esta haberá sesión vermú con Mar de Arosa e co sorteo de tres cestas. Rematarán as festas cun festa infantil no campo da festas.