Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Rematan as obras en sete estradas de Guitiriz

Por 5 Setembro, 2018Sin comentarios

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, supervisaron as actuacións financiadas polo Executivo da Deputación, cun investimento de 256.000 euros, para a renovación de 7 estradas, beneficiando aos veciños dunha vintena de núcleos rurais. Estes son: A Revolta, Porucelo, Casas Novas, Loureiros, Pazo, A Castiñeira e Casa Muniño na parroquia de Pígara; O Pereiro, Lavandeira, Ximarás, e Vieiro, na parroquia de Pedrafita; e O Merendero, Carballeira do Cancelo, Nandulce, Coto, Fagundo e Lea, na parroquia dos Vilares.

Campos Conde subliñou que “hoxe vemos os resultados da colaboración entre o Goberno da Deputación e do Concello de Guitiriz. Froito da aposta conxunta que mantemos pola mellora de dotacións públicas no rural, acometemos obras de renovación en accesos a tres parroquias do municipio, beneficiando aos máis de 800 veciños que fan uso destas vías a diario para acceder as súas vivendas, e mellorando, polo tanto, a súa calidade de vida”.

As actuacións levadas a cabo consistiron na rexeneración do firme con aglomerado en quente, nun total de 15 quilómetros de 7 vías municipais. Concretamente, na parroquia de Pígara, arranxáronse tres estradas: a vía que vai dende A Revolta ata Porucelo, pasando por Casas Novas, Loureiros, e O Pazo. Tamén se mellorou outro ramal que pasa por A Castiñeira e Casa Muniño; e a vía que vai dende A Castiñeira ata Carretera.

En Pedrafita, acometéronse obras dende o enlace da estrada provincial LU-P-2303, pasando por O Pereiro, Lavandeira, Ximarás e Vieiro. Mentres que nos Vilares, as melloras leváronse a cabo dende a estrada provincial LU-P-2301, dende O Merendero ata a Carballeira do Cancelo, pasando por Nandulce, Coto, Fagundo e Lea.