Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito acolle o sábado o I Torneo Lago de Valverde de fútbol xuvenil

Por 7 Setembro, 2018Sin comentarios

Antes de que dé comezo a Liga, o Concello de Cospeito celebrará este sábado 8 de setembro o I Torneo Lagoa de Valverde para a categoría xuvenil que servirá de prólogo á competición regular que ten o seu inicio a próxima fin de semana para as categorías xuvenil, cadete e infantil.

O torneo está formado por dous grupos. No primeiro competirán Cospeito, Guitiriz e Polvorín mentres que no segundo o farán Castro, Vilalbés e Burela. Desta primeira fase sairán dous clasificados que competirán nas dúas semifinais, das que sairá un único gañador.

A competición terá lugar no campo municipal da Fonte, a partir das 9.00 horas coa celebración dos partidos ás horas en punto finalizando a primeira tanda ás 13.00 horas. Ás 15.00 e 16.00 xogarán os dous últimos da primeira fase para deixar as semifinais a celebrar ás 17.30 e 18.30 horas. A final terá lugar ás 20.00 horas.

O obxectivo deste torneo é dar a ocasión ao rapaces a poder xogar antes de enfrontarse na Liga Regular.