Meira rexistra un pequeno terremoto sen ocasionar danos

Meira rexistrou durante a mañá de hoxe un terremoto de 3 grados de magnitude, segundo os datos recolleitos polo Instituto Xeográfico Nacional. O tremor produciuse ás 10,44 horas. A sacudida percibiuse nos municipios próximos como Castro de Rei e Vilalba e ata na cidade de Lugo. Non hai constancia de que ocasione danos materiais.

Este terremoto foi o maior dos rexistrados en Galicia nos últimos meses e que afectaron principalmente á provincia de Pontevedra. Esta semana, se ha ter constancia doutros cinco tremores en Galicia, aínda que de menor intensidade. No Grove, un terremoto o día 18 ás 20,37 horas chegou aos dous puntos e na zona marítima, próxima a Porto do Son, o tremor situouse en 1,8 puntos ás 9,58 horas o 19 de setembro.

Este xoves 20, na zona da Escusa, en Pontevedra, ás 07,37 horas, produciuse un que alcanzou 1,7 grados. O día anterior, o mércores en San Roque de Crespos en Ourense, ás 08,12, un tremor alcanzou os 1’9 grados, e na mesma localidade, o martes, situouse en 1,7 grados, ás 00,37 horas.

Etiquetas