Skip to main content
Actualidade

A subdelegada do Goberno entrega medallas ao mérito a dous funcionarios da prisión de Bonxe

Por 24 Setembro, 2018Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu os actos conmemorativos do Día da Merced, patroa dos funcionarios de Institucións Penitenciarias, nos que se entregaron varias distincións a traballadores dos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso.

No acto, a subdelegada do Goberno agradeceu o traballo de todo o persoal dos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso, así como do servizo de xestión de penas “polo voso compromiso na construción dunha sociedade mellor, máis social e máis xusta”.

Neste acto entregáronse as medallas ao Mérito Penitenciario, na súa modalidade de bronce, a dous funcionarios do centro de Bonxe, Álvaro Gasalla Salgado e Ángel Villar Gómez, pola súa profesionalidade e  calidade humana, que merecen ser destacadas. Ambas quedaron demostradas na súa decidida e exemplar actuación diante da grave autoagresión protagonizada por un interno que, lamentablemente, non puido salvar a vida a pesar da rápida intervención dos dous funcionarios.

Tamén foron distinguidos nesta data con mencións honoríficas os funcionarios dos centros penitenciarios da nosa provincia que cumpren 25 de servizo. No acto entregáronse placas por este motivo a Javier Álvarez Fernández, Ana Isabel Suárez Álvarez, Ana Rosa Paredes González, os tres funcionarios de Bonxe; e a dúas traballadoras sociais de Monterroso: María Jesús Vega Redondo e Montserrat Rodríguez Blanco.

“No nome do Goberno de España, ao que teño a honra de representar, quero agradecervos o voso compromiso profesional e tamén dicirvos que o Goberno traballa para facer posibles as vosas reivindicacións, tanto as demandas salariais como profesionais”, destacou Isabel Rodríguez que tamén agradeceu  a colaboración de todos profesionais, asociaciacións, ONGs e colectivos que fan a súa achega na nosa provincia ao traballo do persoal das Institucións Penitenciarias. “Para nós é imprescindible a vosa axuda no traballo de reeducación da poboación penitenciaria, que é o medio para chegar ao obxectivo que nos guía: acadar a integración na sociedade das arredor de cincocentas persoas que hoxe están internas nos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso”, destacou a subdelegada.