Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes solicita que se cubran as prazas vacantes no centro de saúde

Por 25 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello de As Pontes esixe á Xunta de Galicia que cubra, de forma urxente, ás prazas vacantes de médicos do centro de saúde do municipio.

Nunha carta, remitida a semana pasada polo alcalde, Valentín González Formoso, ó goberno autonómico, o rexedor pon de manifesto a situación na que se atopa o centro de saúde do pobo e faise eco das reclamacións dos veciños ante a falta de tres médicos de cabeceira e o conseguinte desvío de doentes ó servizo de urxencias, sen que as baixas sexan cubertas pola administración sanitaria.

González Formoso remarca que se trata dunha situación inadmisible e,  que no caso de que non se resolva de forma urxente, o Concello adoptará ás medidas oportunas, en defensa do interese xeral, para garantir a atención sanitaria ós veciños e o servizo público.