Skip to main content
ActualidadeVilalba

Aumenta un 30% a recollida de cartón en Vilalba co servizo porta a porta

Por 6 Outubro, 2018Outubro 7th, 2018Sin comentarios

O volumen de carton recollido para a reciclaxe aumentou en Vilalba un 30% tras a posta en marcha do servizo de recollida porta a porta nos comercios. Estas cantidade reflicte o progreso nos primeiros oito meses do ano con respecto ao mesmo período do ano pasado. Segundo os datos que manexa o Concello de Vilalba, entre xaneiro e agosto de 2018 recuperáronse en total no concello case 120 toneladas de cartón fronte ás 82 tn do ano anterior.

O obxectivo desta iniciativa de recollida porta por porta foi precisamente formentar a reciclaxe de materiais. O sistema de recollida recuperou 34 toneladas fronte ás 120 totales en todo o ano. Ademais, segundo o ratio actual, o Concello conta rematar o ano cunhas 180 toneladas de cartón recollida o que supera amplamente os datos de 2017, que en todo o ano foron de 121 toneladas.

A empresa Ambigal 360 é a encargada da recollida selectiva de cartón polos comercios locais. O sistema consiste en que os comerciantes deixen as caixas e cartóns nas portas dos seus negocios os martes e venres para que un camión pase a recollelos a partir das 15:00 horas. O aumento de datos de recollida porta a importa indica, segundo o Concello “a boa acollida que tivo este servizo complementario entre os locais comerciais. A implantación da recolleita porta a porta conlleva un incremento da cantidade de papel e cartón recollido, mellorando os ratios de reciclado deste material. Ademais, a recolleita selectiva diferenciada de papel e cartón sempre garante o seu posterior reciclado. A empresa xestora encargada da recuperación de papel avala o bo tratamento do material que reciben, mediante procesos de limpeza, clasificado, embalado e envío para o seu reciclado. As cantidades recolleitas, e xa que logo non enviadas ao vertedero, implican un mellor aprovechamiento dos recursos e un beneficio ambiental para o noso Concello, así como unha vía suplementaria para o cumprimento dos obxectivos legais de reciclado e valorización”, indican.

O Concello de Vilalba lembra que a empresa concesionaria deste servizo é un Centro Especial de Emprego, cun grupo de traballadores formado con persoas con discapacidade. Como explica a concelleira responsable da área, Flor Rey, “As persoas con discapacidade cun traballo estable reforzan os valores como o esforzo, o afán de superación ou a capacidade de sacrificio. Coa motivación social axúdase a estes traballadores a allanar o camiño cara á busqueda dun emprego no mercado ordinario de traballo. Tamén se realiza un intenso labor de sensibilización no seo
empresarial e nas entidades públicas para que a discapacidad non sexa un obstáculo á hora de traballar, senón unha característica máis da persoa”.