Axencia de colocación

Aviva inicia en Vilalba unha campaña de recollida de roupa para nenos

A Asociación Aviva Iniciativas Sociais vén de poñer en marcha unha campaña de recollida de roupa de inverno para nenos de Vilalba que se prolongará ata o 29 de novembro.

Así, todos os que podan sumarse a esta campaña poderán entregar a ropa na oficina da asociación, situada na rúa da Pravia, 46 de Vilalba todos os martes e xoves de 12:00 a 12:00 e de 18:00 a 20:00 horas. O lema deste ano é “que ninguén deles pase frío en Vilalba”.

Aviva é unha asociación galega que traballa na atención social, educativa e psicolóxica de persoas e colectivos marxinados, en situación de risco social ou en dificultades económicas. Este grupo finánciase con tendas de roupa e segunda man e con rastro de mobles, ademais de doacións de empresas e particulares.

Aviva ofrece durante todo o ano servizos e programas dirixidos principalmente á interención e atención social de persoas e colectivos en contextos de dificultades familiares, económicas e sociais utilizando un modelo de prevención e de resinserción.

Contan cunha casa de acollida para mullres e outra para homes ademais de proxectos dirixidos á empregabilidade, á sustitución das penas de cárcere por outras alternativas e ao reparto de alimentos.

Etiquetas