Banda de Música O Landro de Viveiro actuará o día 28 en Vilalba

A Banda de Música O Landro de Viveiro participará no XII Certame Galego de Bandas de Música. Dito certame está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e desenvolverase no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Concursa na sección terceira, para bandas de ata 50 músicos.

Con motivo de dita participación neste certame, a agrupación viveirense está a realizar unha ardua preparación composta de ensaios e concertos, polo que o vindeiro domingo 28 de outubro ás 20:00h actuará no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba con entrada de balde.

En ditos concertos, a banda interpretará o repertorio que tocará no certame autonómico e completará a súa actuación cun variado repertorio
bandísitico.
Programa de concerto
. Bagaxes (pd)…………………………… Carlos Rodríguez Torres
. Theatre Music…………………………… Philip Sparke
– Overtura
– Entre´acte
– Finale
. Medieval Suite……………………………….. Andrew Waignein
– Parade des Chevaliers
– Air des Demoiselles
– Danse des Paysans
. Santana a portrait………………… Arr. Gazzani
. Queen in Concert…………………. Arr. Jay Bocook
. Maruxiña ………………………………. A. Amigo

 

 

Etiquetas