Skip to main content
ActualidadeCospeito

O PSOE de Cospeito volverá levar ao Pleno o estado do punto limpo

Por 24 Outubro, 2018Sin comentarios

O PSOE de Cospeito volverá levar ao próximo Pleno unha moción na que solicita un mellor control e xestión do punto limpo municipal. Esta moción volve tratarse xa que continúa a producirse unha gran acumulación de lixo na vía pública “que entorpece a circulación ao tempo que resulta antiestético e antihixiénico”.

“Precisamente no anterior Pleno tratouse este tema unha vez máis, falouse incluso da instalación de cámaras para persuadir á xente que deixa alí o lixo, pero tentemos contemplar outras posibilidades pois a instalación de cámaras, parece unha solución, en principio bastante custosa e complicada, aínda que tampouco podemos descartala”, explican.

O PSOE fará distintas propostas como sinalizar debidamente o punto limpo, mediante cartel co pertinente documento acreditativo da Xunta de Galicia. Consideran tamén necesario subir o peche do recinto do punto limpo para impedir o acceso pola parte superior, mediante un cerramento axeitado; indicar mediante carteis indicativos no exterior do propio punto limpo o horario de apertura, especificando as condicións para a recollida dos residuos según as súas características; indicar mediante un cartel as obrigas, facendo mención da Ordenaza de Convivencia Cidadá e advertindo de sancións, e informar deste servizo mediante bandos en todas as parroquias, tanto do uso e horario do punto limpo coma das posibles sancións e consecuencias de deixar lixo na via pública ou ás portas do recinto.

O PSOE considera necesarias estas medidas xa que os residuos seguen alí acumulados, “a pesar de que nos consta que cada pouco se recollen, alguén os deposita de novo, incluso nos consta tamén que hai quen entra no recinto pola parte superior coa intención de levar algo que puidera ser revendible. Por iso queremos facer propostas para tentar solucionar este problema en aras da solubridade e de despexar a vía pública, pois entedemos que principalmente para os veciños que pasan ou teñen por alí as súas casas , non resulta nada agradable esta situación constantemente”, engaden.

“Entendemos tamén que é complicado concienciar á xente para que use axeitadamente o punto limpo, así como respectar as instalación e vías públicas, porque sempre hai algún desaprehensivo, pero canto menos consideramos que se debe facilitar a máxima información para que a xente saiba cal é a forma correcta de utilizar estas instalacións, como horarios de apertura, por exemplo, ó tempo que advertir das posibles consecuencias de non facelo”, explican na súa moción.

Os socialistas lembran a Ordenanza de Convivencia Cidadá , que no artigo primeiro fai referencia ás finalidades, precisamente no punto 1, di que esta ordenanza ten por finalidade preservar o espazo público como lugar de convivencia e civismo…., no punto 2, indica tamén como finalidade a prevención de calquera actuación perturbadora da convivencia cidadá…, no punto 3, establecer normas que favorezan o normal desenvolvemento da convivencia cidadá… e no punto 4, indica que esta Ordenanza regula unha serie de medidas encamiñadas especificamente ao fomento e á promoción da convivencia e ó civismo no espazo público, identificando cales son os bens xurídicos tutelados, previndo cales son as normas de conduta en cada caso e sancionando aquelas que poidan perturbar, lesionar ou deteriorar tanto a propia convivencia cidadá coma os bens que se atopan no espazo público, que lle debe servir de soporte, tipificando se é o caso, medidas específicas de intervención.