Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Casa da Cultura de Vilalba acolle as Xornadas Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala

Por 12 Novembro, 2018Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, cando se cumplen cen anos da Asemblea que as Irmandades da Fala celebraron en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918, organizan as Xornadas Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala, que se desenvolverán na Casa da Cultura de Vilalba, os días 16 e 17 de novembro de 2018 co seguinte programa:

Venres 16

17:30 Recepción e presentación. Interveñen: Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, Agustín Baamonde, alcalde do Concello de Vilalba e Marisa Barreiro Mejuto, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos.

18:15 Proxección dun audiovisual sobre as Irmandades da Fala.

19: 00 Conferencia de Ramñon Villares Paz: Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala.

Sábado 17

10:30 Mesa Redonda: Irmandades da Fala. Lois Peña Novo, coa participación de: Uxío Breogán Diéguez, Alberte Currás Gato, Emilio Ínsua López e Manuel Roca Cendán.

12:00 Actuación musical do grupo de guitarras do Conservatorio de Vilalba Pizzicato Trío

12:30 Conferencia de Encarna Otero Cepeda: As mulleres e as Irmandades da Fala.

14:00 Ofrenda floral no monolito conmemorativo da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba.

A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscribión.

As Xornadas terán lugar en Vilalba, na Casa da Cultura (Praza de Suso Gaioso, no 1). A primeira xornada xurdiu da aparición dun movemento cultural e político de carácter galeguista e foi unha das grandes novidades da Galicia do primeiro terzo do século XX e un sinal evidente da súa modernización económica e social.  Lois Peña Novo, escritor nado en Vilalba, foi un dos principais impulsores das Irmandades da Fala e, desde logo, o máximo estudoso da realidade socioeconómica galega da época.