Skip to main content
A PastorizaActualidadeRiotorto

Rematan as obras da estrada que une A Pastoriza e Riotorto

Por 15 Novembro, 2018Xullo 24th, 2019Sin comentarios

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou o remate dos traballo que se executaron na estrada provincial que une os concellos da Pastoriza e Riotorto. Comprobou o resultado do treito correspondente ao municipio pastoricense, xunto ao alcalde, Primitivo Iglesias Sierra. O Goberno Provincial financiou estes actuacións con 160.000 euros, que permitiron a mellora do firme e o incremento da seguridade nun treito de case 6 quilómetros deste transcorrido vial na procura de beneficiar aos 4.000 veciños deste dous concellos.

É a LU-P-4402 de Paraxes a Lourenzá por Bretoña a Muiñonovo. As obras realizáronse dende o quilométrico 1,7 ao 7,3. O treito que discorre pola Pastoriza é o comprendido entre o quilómetro 1,7 e ata o 3,4. Dende este último e ata o 7,3 pasa por Riotorto.

Campos Conde destacou que “defendemos a mobilidade como un dereito máis dos veciños, a igualdade de oportunidades vivas onde vivas e unha Deputación co rural. Baixo esta premisa, estamos a executar a día de hoxe obras de mellora que superan os 18 millóns de euros na rede viaria provincia. É a máis extensa de España ao sumar uns 4.300 quilómetros. Non nos chegaría un orzamento da Deputación completa para actuar na súa totalidade. Levamos feito un grande esforzo inversor, pero somo conscientes de que queda moito para facer e o seguimos facendo”.

Á espera da Xunta

O Alcalde agradeceu ao Presidente a “axuda económica que recibimos da Deputación, que é fundamental para poder mellorar aos nosos veciños as infraestruturas e dotacións públicas do Concello ou ofrecerlles prestacións fundamentais coas que vivir no rural”. Neste senso, explicou que hai outra estrada, paralela á provincial, que une A Pastoriza e Riotorto que é preciso mellorar. “Os dous Alcaldes xuntámonos para pedirllo á Xunta, pero non temos resposta algunha ata o momento”, apuntou.

Os traballos na LU-P-4402 consistiron na limpeza de cunetas, na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, dotación dunha nova capa de rodaxe, pintado e renovación da sinalización horizontal e vertical para incrementar a seguridade