Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes inicia o programa Pontes de emprego II

Por 16 Novembro, 2018Sin comentarios

O Concello das Pontes abriu o prazo de inscrición do Programa Integrado de Emprego Pontes de Emprego II, que iniciou o 2 de novembro e que finalizará o 31 de outubro de 2019.

Durante este ano, o obxectivo é traballar coas usuarias para a súa inserción laboral. Para este fin, contarán, entre outros, con entrevistas individuais, creación de itinerarios de inserción personalizados, sesións grupais de Orientación, de creación de Currículo e Carta de presentación, motivación laboral e cómo preparar unha entrevista de traballo, Habilidades Sociais, etc.

Entre as formacións que se levarán a cabo están os certificados de profesionalidade, prácticas en empresas, cursos da área de informática, cursos para emprendedores, cociña, atención ao cliente, almacén, PRL, xardinería, etc. Figuran tamén certificado de profesionalidade de operacións auxiliares de
servizos administrativos e xerais, actividades auxiliares de almacén, curso de PRL, formación transversal en novas tecnoloxías coa búsqueda de emprego a través de 
internet, formación en técnicas de venda, xornadas sobre Emprendemento, curso de cociña con manipulador de
alimentos, elaboración dun plan de empresa, curso de manexo de carretilla elevadora e pala cargadora, elaboración dun plan económico-financeiro, curso de inmersión lingüística, carnet de conducir C+E+Cap
 e curso de Silvicultura e Xardinaría.

Este é un programa dirixido exclusivamente a mulleres e nel traballará 15 mulleres desempregadas con discapacidade, 30 mulleres desempregadas en risco de exclusión social, 5 mulleres desempregadas vítimas de violencia de xénero e 50 mulleres desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación.