Skip to main content
ActualidadeVilalba

O IESCHA organiza unha xornada de reflexión polo día contra a violencia de xénero

Por 20 Novembro, 2018Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos e a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego organizan o sábado, día 24 de novembro de 2018, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha Xornada de reflexión polo día contra a violencia de xénero.

Falarase de como afecta a violencia en todas as idades, profesións… E como podese facer para mudar esta realidade.

Intervirán  no acto: María Ferreiro, responsable da secretaría das mulleres do SLG; Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos; Tania Merelas, doutora en Ciencias da Educación, escritora e experta en Xénero e Políticas Públicas de Igualdade.