Skip to main content
ActualidadeVilalba

Yolanda Purriños, nominada ao Premio Internacional Luces de Granada

Por 20 Novembro, 2018Sin comentarios

Unha vez máis a fotógrafa Yolanda Purriños está nominada para o Premio Internacional Luces de Granada, no apartado de retrato. Dende Purriños informan que “é toda unha honra e unha satisfacción este recoñecemento, xa que cada día é máis difícil estar neste mundo”, di Yolanda. “Pola boa calidade das obras e a creatividade dos autores, pero estamos moi contentas, xa que seguimos levando o nome de Vilalba e o de Lugo polo mundo adiante” remata a fotógrafa.

Este traballo pertence a un proxecto de Yolanda o cal pretende, cando o teña rematado, publicar un libro de fotografía moi documental.