Bonos consumo Vilalba

O BNG demanda á Deputación a recuperación da Casa natal de José María Díaz Castro

O BNG levará á Deputación unha iniciativa para promover a recuperación e posta en valor da Casa natal de José María Díaz Castro. O edificio foi legado, pola familia do escritor á Asociación Cultural Xermolos. “Neste momento o edificio atópase en risco de converterse nunha ruina se non se actúa con premura” explicou o voceiro do BNG na Deputación de Lugo.

Ferreiro lembrou que a Deputación de Lugo xa leva feito un importante esforzo na restauración das casas natais de importantes figuras literarias da provincia. “Así, as aportacións económicas feitas para a restauración e posta en valor das casas natais de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo e de Manuel María en Outeiro de Rei son dous bos exemplos deste bo traballo, téndose xa convertido esta última nun dos puntos vertebradores máis importante da cultura da provincia de Lugo en xeral e da Terra Chá en particular”, din.

O BNG pedirá, a través da súa iniciativa, que a Deputación de Lugo acometa a restauración e posta en valor da casa natal de José María Díaz Castro, sempre de acordo con Xermolos, herdeiros e xestores do seu legado, e coa implicación do Concello de Guitiriz e da Xunta de Galicia. Tamén se solicitará que a Deputación de Lugo reserve as partidas económicas necesarias nos orzamentos do 2019 a tal propósito ou, se estes xa estiveran aprobados, que se reserven estes fondos dos remanentes de tesourería correspondentes ao ano 2018

Etiquetas