Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito celebra este sábado a terceira edición da Feira do Porco de Ceba

Por 23 Novembro, 2018Sin comentarios

Feria do Monte, en Cospeito celebrará este sábado, 24 de novembro a que xa é a XXX edición da Feira do Porco da Ceba, que terá un programa especial debido á efeméride sen perder o seu rasgo e carácter tradicional.

A feira arrincará sobre as 8.00 horas para recibir abrindo á carpa de 250 metros cadrados ao medio centenar de cabezas de gando que, segundo a organización, participarán nesta edición. A apertura ao público está prevista para as 11.00 horas. Todo o gando participará no tradicional concurso de gando, que repartirá 780 euros en premios entre os mellores porcos, cedidos porlas diferentes casas comerciais e negocios de hostalería.

O gañador do concurso, que será elixido por un xurado conformado por polo menos tres facultativos, levará 180 euros; o segundo clasificado, 150; o terceiro, 120, e o cuarto, 90. Tamén haberá premios en metálico de 40 euros para os cinco seguintes clasificados.

A organización sorterá unha parella de porquiños e entregaranse agasallos a todos os gandeiros. Tamén estarán no pavillón do recinto feiral proveedores de produtos típicos do porco e produtos galegos de calidade.

A parte agricola combinarase cun festival de música rexional, que comezará cun percorrido polos bares e que concluirá cunha actuación no pavillón. Este espectáculo servirá de antesala a outro festival, neste caso de música coral, que se desenvolverá a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura. Nel subiranse ao escenario a Coral Amistade da asociación de veciños Couto de Narón, a Coral Estrelas do Mar de Cedeira e a anfitrioa, a Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte de Cospeito.