Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta inaugura este martes unha serie de monográficos sobre música tradicional

Por 23 Novembro, 2018Sin comentarios

Este sábado dará comezo Aturuxo, unha programación sobre monográficos de música tradicional galega que se levará a cabo no Local Social do Centro Médico de Muimenta organizada pola Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño.

A idea é que poidan aprender e mellorar técnicas para seguir enchendo cada evento da Terra Chá con foliadas. Para iso contan con profesionais como Noemía Basanta, Roberto Rodríguez, Rebeca Tallón, Iago Domínguez, Ruth Pérez e Xabier Iglesias. Estes monográficos será un por mes, comezando este sábado 24 de novembro, para continuar o 29 de decembro, 26 de xaneiro, 23 de febreiro, 30 de marzo, 27 de abril e 25 de maio.

O primeiro monográfico será o de técnica de pandeireta (xota) que será este sábado 24 de novembro é da man de Noemí Basanta.

A responsable da ponencia é mestra na Asociación Cultural Cántigas e Frores e tamén directora do seu grupo de pandeiretas. Nos útlimos anos ofreceu diversas conferencias nas que explorou a variábel de xénero na música e na literatura popular en universidades como a Complutense de Madrid, a Deusto ou a de Salamanca.

Participou como vocalista, percusionista e bailadora do grupo Leña Verde de Pol e froito dese traballo é o álbum A Contratempo (2010). Na actualidade forma parte de Xabier Díaz&Adufeiras de Salitre con quen editou The tambourine man (2015) e Noró (2017).

E como peche o 25 de maio haberá unha foliada aberta onde poder poñer en práctica todo o aprendido e coa colaboración das Bouba como grupo convidado.

Para apuntarse hai que chamar ao 660.170.179, e cada obradoiro terá un prezo de 25 euros, pero se se apuntan como mínimo a tres custará 20 euros.