Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz visitará as parroquias para cotexar o inventario de camiños

Por 23 Novembro, 2018Sin comentarios

O Pleno do Concello de Guitiriz aprobou o inventario de camiños que recolle estradas e camiños de titularidade municipal, estradas provincias, autonómicas e nacionais.

Tendo en conta o complexo traballo que se precisa para este inventario, é necesaria a colaboración da cidadanía para estudar e correxir a documentación exposta.

Os responsables da empresa contratada visitarán as diferentes parroquias para aclarar dúbidas e escoitar comentarios e suxestións, onde cada persoa pode presentar as alegacións que consideren oportunas, coa finalidade de deixar feito un documento o máis acorde posible á realidade.

Os horarios de visitas serán de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 os días:

  • 20 de novembro Escola Habanera de Guitiriz.
  • 21 de novembro Local  parroquial de Santa Mariña
  • 22 de novembro Escola de Mariz
  • 23 de novembro Escola de Negradas e O Vilar
  • 26 de novembro Escola de Becín
  • 27 de novembro Local do Cit de Parga
  • 28 de novembro Escola de Santa Locaia
  • 29 de novembro Escola de Pedrafita
  • 30 de novembro Escola de San Breixo
  • 3 de decembro Escola de Roca
  • 4 de decembro Escola de Santa Cruz
  • 5 de decembro Local parroquial de San Salvador
  • 7 de decembro Escola dos Vilares
  • 10 de decembro Escola da Ventisca do Buriz
  • 11 de decembro Escola de Labrada
  • 12 de decembro Escola de Pígara
  • 13 de decembro Mesón da Cabra de Trasparga
  • 14 de decembro Escola Habanera de Guitiriz
  • 17 de decembro Escola Habanera de Guitiriz