Skip to main content
A PastorizaActualidade

A asociación de veciños de Bretoña celebra hoxe unha cea

Por 24 Novembro, 2018Sin comentarios

A Asociación de veciños de Bretoña organiza para o sábado 24 de novembro unha cea.

A celebración comezará a partires das 21:30 no teleclube da parroquia onde poderan desfrutar da cea servida por Sarracedo, da Pontenova.

O menú constará de xamón cocido, sopa de pesacdo, tenreira asada, pan, sobremesa, auga e viño. Despois da cea haberá un baile amenizado por Dúo Musical.

O prezo do menú será de 20 euros, aínda que os nenos menores de 7 anos no pagarán e os comprendidos entre 7 e 11 anos tan so pagarán a metade.

Para anotarse deberán acudir a Casa Luciano ou Casa Zapateiro.