A Casilla ofrece clases de baile caribeño cos bicampións de España

Todos os martes, os profesionais de baile Jandro Pallares e Magali Piedra ofrecerán clases de baile caribeño no Hostal La Casilla de Guitiriz a partir das 22:15 horas.

Jandro Pallares e Magali Piedra, que dan clases na academia de Lugo Ritmolugo, son  bicampións de España e semifinalistas do mundo en bailes caribeños. Na última edición dos World Games, as olimpiadas do baile deportivo celebradas en Polonia, quedaron clasificados en sexta posición.

Os profesores ofrecerán clases de bailes caribeños, salsa, merengue e bachata e ademais impartirán formación noutro tipo de displinas do baile deportivo.

Os interesados en apuntarse a estas clases poden facelo e reservar praza no 677.375.627 ou no 669.533.406.

Etiquetas