Skip to main content
ActualidadeVilalba

Lanzós celebra as súas patronais

Por 29 Novembro, 2018Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Lanzós celebra as súas festas patronais na honra de Sna Andrés mañá e o sábado.

Os actos darán comezo este venres ás 20.00 horas cunha misa solemne seguida dunha liscada gratuíta amenizada pola orquestra Waykas Family e o trío Élite. A orquestra, de moda en Asturias, realiza en Lazón a súa primeira actuación en Galicia.

O sábado volverá haber misa, ás 13.30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Versión Original.

Pola noite repetirá a orquestra e tamén actuará Olympus.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberta cunha carpa.