Skip to main content
AbadínActualidadeGuitirizVilalba

Remata coa entrega de diplomas o PIE Avanza na Terra Chá

Por 1 Decembro, 2018Sin comentarios

O Programa Integrado de Emprego Avanza na Terra Chá fixo entrega dos dipomas aos participantes, que clausuraron un ano de traballo e no que participaron persoas desempregadas dos concello de Vilalba, Guitiriz e Abadín que non superan os 30 anos de idade ou son maiores de 45 anos. Tamén abriuse a inscrición para aquelas persoas que, estando fóra destes rangos de idade son vítimas de violencia de xénero, con discapacidade recoñecida, ou en situación de vulnerabilidade.

Os participantes formáronse como operario de servizos múltiples en Cccarretilleiro, plataforma elevadora, loxística de almacén, prevención de riscos laborais. Tamén aprenderon operacións básicas de restaurante e bar como manipulador de alimentos, servizo básico de restaurante e bar, servizos de cátering. O terceiro fío de formación foi a preparacion para probas libres da ESO no ámbito lingüístico,  social e científico tecnolóxico. Tamén se traballaron áreas transversais dentro dos tres módulos como as redes sociais na búsqueda de emprego, a igualdade de oportunidades a activación e motivación para a busca de emprego, as claves para superar a entrevista de traballo, inglés básico, habilidades sociolaborais e emprendemento e autoemprego.  A formación, de 30o horas, rematou cun periodo de prácticas en empresas.

Na entrega de diplomas, que tivo lugar no Concello de Vilalba, participaron representantes dos tres concellos.