Skip to main content
Muras

Muras e A Estruga organizan un curso de cociña saudable

Por 3 Decembro, 2018Sin comentarios

O Espazo Agroecolóxico A Estruga e o Concello de Muras organizan un curso de cociña saudable para o Nadal. A actividade, será o próximo 15 de decembro e farase no local social do concello e será impartida pola empresa Sensucre entre as 10.00 e as 18.00 horas.

Os asistentes poderán aprender a elaborar varios entrantes, un primeiro e un segundo prato, ademais de sobremesas innovadoras, que poderán poñer en práctica nestas datas de Nadal.

Os interesados en inscribirse poden contactar por correo electrónico estrugalugo@gmail.com ou nos teléfonos teléfonos 982.50.00.01 ou 687.60.17.08.

O taller de cociña saudable impartirase de 10.00 a 18.00 horas, e conta cun total de 20 prazas.