Skip to main content
Actualidade

Comeza a actividade de Nadal nas Pontes

Por 7 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de As Pontes ultima os detalles para darlle a benvida ao Nadal cun acto que terá o seu punto álxido no aceso da iluminación do Nadal.

Hoxe, 7 de decembro, a partir das 20:00 horas, diante da casa do Concello terá como protagonista ao mago Kiko Partur que esta mesma mañá visitaba aos alumnos dos diferentes centros educativos de As Pontes para mostrarlles a maxia e a ilusión do Nadal e buscar, entre o alumnado, ós tres encargados de axudar ao ilusionista durante o acto de aceso da iluminación de Nadal, nomes que se desvelarán o venres, minutos antes do inicio do acto de aceso do alumeado.

Asemade, un grupo de alumnos do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes porán o broche de ouro ao acto que marcará o inicio do Nadal no pobo.

Desde o Concello convidan a todos os ponteses e pontesas a participar neste acto que dará o pistoletazo de saída dunha das festas máis esperadas do ano e a unha completa oferta cultural e deportiva, pensada para toda a veciñanza en na que non faltará a maxia, o circo, a música, os torneos deportivos e as actividades de lecer para os máis pequenos e pequenas da casa.