Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba acollerá os oitavos de final de Copa Galicia de Fútbol Sala e o VI Memorial Francisco Javier González Vázquez

Por 10 Decembro, 2018Decembro 20th, 2018Sin comentarios

O venres 28 de decembro ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Vilalba, disputaranse os oitavos de final da XXVIII Copa Galicia de fútbol sala entre os equipos O Parrulo FS e o Valdesuso Peugeot Vilalba FS.

O equipo vilalbés, que na fase previa eliminou ao Rececende de A Pontenova, tratará de realizar un digno papel ante un rival que é o único representante galego na Primeira División de fútbol sala.

Será unha boa oportunidade que todos os xogadores do plantel do Vilalba dispoñan de minutos e que disfruten dun encontro ante xogadores de máximo nivel.

Tamén será unha gran oportunidade para os siareiros vilalbeses de ver de novo ao seu equipo competir contra un equipo de superior categoría como o fixera na edición pasada ante o Portus Apostoli FS, tamén nos oitavos de final.

FEMININO

O sábado 29 de decembro ás 18 horas celebrarase o VI Memorial Francisco Javier González Vázquez no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Esta sexta edición será a primeira vez que o dispute o equipo feminino do Vilalba FS.

O Valdesuso Peugeot Vilalba enfrontarase ao equipo de A Fervenza. As de Ferrolterra, que son un referente no fútbol sala feminino, militan na Segunda División do fútbol sala nacional.

Por enriba do xogo e do resultado final, será unha nova oportunidade de homenaxear á figura de Francisco Javier González Vázquez, unha das persoas que máis traballaron polo deporte vilalbés en xeral e polo fútbol sala en particular.