Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade xa ten preparado o seu programa de Nadal con actividadades para todos

Por 12 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Rábade contará cunha serie de actividades gratuítas este Nadal.

Así, o día 21 de decembro terá lugar a primeira actividades que consistirá nunha audición da Escola Municipal de Música que leva por título Música no Nadal. Esta actividade terá lugar no centro sociocultural.

O día 22 de decembro comezarán os obradoiro. O primeiro será Feireando cos nosos nenos, onde ensinaráselles aos cativos o funcionamento da Feira do pobo.

O concello tamén ten preparado un obradoiro navideño co título As Insuas, é outra historia, que se desenvolverá os días 26, 27 e 28 de decembro entre as 10.00 e as 13.00 horas na Casa das Insuas. Este campamento contarán cunha ruta ao carón do río, buscas, contos outras actividades para os máis pequenos.

O día 27 de decembro chegará o Cociñando Xuntos, que é un obradoiro de cociña para nenos impartido pola Asociación de Mulleres Rurais Águeda para nenos de 4 a 14 anos.

O día 28 será o concerto de Nadal en familia, e estará a cargo da orquestra de malabares Pistacatro no IES Río Miño a partir das 20:00 horas.

Co cambio de ano, os días 2, 3 e 4 de xaneiro, chegará o turno da Maxia na Cabalga, un pequeno taller para participar na Cabalgata e facer adornos ademais de participar de paxe na Cabalgata.

Por último o día 5 de xaneiro será a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá o pobo e entregará agasallos na igrexa parroquial ás 19:00.

Tamén do 17 ao 31 de decembro estará no Concello a exposición de imaxes do Nadal, e o día 31 será o momento da tradicional carreira San Silvestre.