Patrimonio sancionará o estrago dunha mámoa en Friol

Patrimonio sancionará o estrago dunha mámoa megalítica na parroquia de Narla de Friol cunha multa que oscila entre os 6.001 e os 150.00 euros. O ataque a esta necrópolis produciuse con maquinaria pesada e foi denunciada a finais do mes de agosto polo colectivo Patrimonio dos Ancares.

Desde o colectivo lamentan que se produzan agresións deste tipo, pero o máis triste é que o mal ocasionado non se pode reparar “e coa súa destrución tamén se destrúe unha parte da  historia”, explican.

Etiquetas