Skip to main content
A PastorizaActualidade

O PAI da Pastoriza abre un novo prazo de inscrición

Por 3 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello da Pastoriza abriu un novo prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso para o Punto de Atención á Infancia no presente curso ao ter dez prazas vacantes sen que exista lista de espera.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de xaneiro e esta ten que facerse pola vía habitual no Rexistro do Concello. Ademais de cubrir o impreso correspondente de solicitude, os interesados deberán presentar fotocopias dos DNI dos pais e do libro de familia, certificados de empadronamento e documentos xustificativos da súa situacion económica así como das incidencias familiares e sociais que podan influír na súa selección como seren familia numerosa, persoas con discapacidades ou similares.