Skip to main content
A PastorizaActualidade

Os Reis Magos visitarán o sábado a Pastoriza

Por 3 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Os Reis Magos tamén visitarán este sábado, 5 de xaneiro, o concello da Pastoriza cun programa de actividades que dará comezo pola mañá, cando visitarán o xeriátrico de Bretoña. Pola tarde, as súas maxestades estarán ás 16.00 horas diante da Casa do Concello onde percorrerán acompañados polos máis pequenos o treito que os separa do Centro Social da Pastoriza onde recibirán a todos os que queiran falar con eles ou presentar as súas peticións.

As súas maxestades farán entrega dos agasallos aos máis pequenos e convidarán a todos os que asistan a un chocolate con roscón. Toda esta festa estará amenizada pola grupo de música e baile tradicional da Pastoriza.