Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol continúa co seu plan de aforro enerxético

Por 7 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Friol continúa co seu plan de aforro enerxético a través da renovación do alumeado de todas as luminarias das 32 parroquias, neste proxecto executaranse ditas renovaciones de luminarias na parroquia de Seixón.

Nesta ocasión, a actuación que se pretende levar a cabo supón renovación de lámpadas e luminarias de tecnoloxía led, a través do proxecto Ilumin@, que favorece aos municipios que non superen os 20.000 habitantes e no que o Concello, a Diputación e FEDER traballan da man para lograr maior cobertura con eficiencia energética e mellora de luminosidad dos seus espazos.
No caso de Friol, o proxecto de renovación das instalacións de alumeado público levaranse a cabo na parroquia de Seixón, supón un importe total de investimento duns vinte e oito mil euros, dos cales o 80% é costeado desde FEDER, o 20% restante entre o ente Provincial e o propio Concello, o cal pagará os custos de redacción de proxecto e dirección de obra con fondos propios. O Concello tamén encargarase do seu posterior mantemento e xestión.

O Alcalde, José Angel Santos refírese a este tipo de traballos como “necesarios para todas as parroquias, as que pouco a pouco iremos dando cobertura con esta nova e eficiente iluminación, para elo traballamos desde o equipo de goberno, xa que mellora de forma notoria a vida dúas nosos veciños, que gozan dunha maior iluminación nos accesos as súas vivendas e a establos, e ademáis é unha investimento favorable a longo prazo para a economía do noso Concello, dado que con esta nova iluminación existirá un importante aforro de consumo enerxético, e iso leva a un aforro considerable na facturación dese consumo, sumando que este tipo de luminarias teñen unha duración de vida tres veces maior que as existentes, nos leva a continuar executanto este tipo de actuacións polas nosas parroquias”. Con estas palabras o rexidor deixa entrever que seguirán renovando as luminarias das súas parroquias ata que todas gocen de luces led que favorezan a comodidade dos veciños.