Skip to main content
ActualidadeBegonte

Manuel Angel Carreira Varela, gañador do Certame Galego de Arte de Begonte

Por 9 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O xurado do XXIX certame galego de arte José Domínguez Guizán de Begonte, dotado con 1.500 euros e unha estatuíña de Sargadelos, concedeu o primeiro premio á obra Máis aló desta vida, presentada polo pintor lucense Manuel Ángel Carreira Varela.

Pola calidade dos seus traballos, concederonse cadansúa varias mencións de honra dotadas cunha estatuiña de Sargadelos, ao artista de orixe vilalbés, residente en Cambados, Eduardo Pérez Baamonde e a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo-Cospeito e veciño de Valdoviño, pola obra Aínda serra.

O xurado estivo formado por Aurelia Balseiro Rodríguez (Directora do Museo Provincial de Lugo), Manuel Gulín Rodríguez (Pintor), Gonzalo Sánchez Folgueira-Zalo (Pintor) e Xulio Xiz Ramil (secretario, en representación do Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte.

Por unanimidade, acordaron manifestar a súa satisfacción pola cantidade, un total de 25 traballos, e a calidade das obras presentadas, con un abano de temas e estilos dun excelente nivel. Destacaron a obra da máis moza dos participantes, Emma María Rego Eiroa, de 15 anos de idade, de Viveiro, coa súa obra Morriña, como exemplo de aprendizaxe temperá; e as dos máis veteranos Carmen Lolo Pombo e Luis Maceira Crespo, polas súas excelentes aportacións, exemplo de dedicación e entusiasmo pola arte da pintura.

A entrega de premios efectuarase o vindeiro sábado 26 de xaneiro de 2019, no descurso dos actos de clausura de O Nadal de Begonte.