Skip to main content
Actualidade

O BNG fará unha charla en Ponte de Outeiro para falar do recibo da luz e das distancias nas plantacións

Por 10 Xaneiro, 2019Xaneiro 23rd, 2019Sin comentarios

O BNG celebra en Ponte de Outeiro unha xornada informativa sobre as distancias das plantacións forestais e franxas de limpeza da nova Lei de Montes. O BNG organiza este acto para informar e concienciar sobre a importancia que teñen os labores de prevención para evitar ou minorar o número de incendios e as súas graves consecuencias ambientais, económicas, sociais  e humanas. Na charla intervirá Digna Lagarón, voceira do BNG no concello e Fátima Docio, técnica da oficina agraria de Meira.

Ademais tamén informarán sobre o recibo da luz e as súas propostas para rebaixalo. Esta ponencia correrá a cargo de Xosé Manuel Golpe, consultor enerxético.

As charlas celebraranse o venres 11 de xaneiro no Teleclub de Ponte de OUteiro a partir das 22:00 horas.