Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz aprobou un orzamento de 4,4 millóns para este ano

Por 12 Xaneiro, 2019Sin comentarios

Guitiriz aprobou un orzamento de 4,4 millóns para este ano, tras ser confirmado no pleno extraordinario, e co apoio do independente de Jesús Veres. Os outros partidos políticos, PP e BNG, abstuvéronse, e o edil Jordi Blengua foi o único que votou en contra.

Entre as partidas establecidas nestes orzamentos figuran 331.207 euros de investimentos reais, dos que 100.000 euros se destinarán a filtros e material para a depuradora e cerca de 150.000 para o plan de camiños.

O PAI recibirá 70.000 euros para a súa ampliación coa construción de dúas aulas novas, 11.000 euros para mobiliario, 2.500 para equipos informaticos e 1.000 para instrumentos.

A partida do persoal ascende a 2.233.693 euros, mentras que os gasto corrente 1.678.080 euros. As subvencións e axudas suman 85.500 euros e gardaránse como reserva 50.000 euros.

No tocante a ingresos, as tasas supoñen as maiores partidas, que ascenden a 745.000 euros, no que case medio millón é para o SAF, ademais de tranferencias e impostos directos.

Dende o Concello califican estes orzamentos como “sociais” xa que melloran as condicións das persoas e dan servicio aos veciños ata dispoñer de máis ou outros fondos. Non se incluíron neste orzamento os 200.000 euros que deberá poñer o concello para a Casa da Botica xa que utilizarán para iso o remanente de tesourería, que ascende a dous millóns de euros.

A oposición volveu a decir que estes orzamentos eran moi “electoralistas” e de outras decisión como os postos do SAF ou a modificación para aboar a retribución no caso de incapacidade temporal. Tamén lamentaron que non se graden fondos para os posibles problemas da auga da traída.

O Pleno aprobou tamén por unanimidade unha modificación da Relación de Postos de Traballo municipal (RPT) coa que se pretende crear 21 postos de traballo de persoal laboral fixo de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar. Para a selección de persoal destas prazas convocarase un proceso selectivo.

Ademais, esta medida aprobada por unanimidade implica a equiparación salarial dos policías locais e crear un posto de peón de servizos múltiples para un excapataz do Grumir tal e como recolle unha sentenza.