Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba recuperará en febreiro as liñas de transporte dende Rigueira

Por 15 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba está a preparar a posta en marcha dunha nova liña de comunicación entre San Simón e Vilalba a través de transporte público.

Segundo indicou o alcalde, Agustín Baamonde, xa está feito o estudo, que contempla dúas liñas, unha que vén do Regueiriño ata Vilalba por Lanzós, e outra, que aínda non teñen claro e para que estudan diferentes opcións e que sería dende o Regueiriño, e pasaría por Samarugo, Corbelle e Goiriz.

A primeira intención do concello é que estas liñas funcionen dous días á semana, os martes e os venres, porque son os días de mercado, “e os que a xente prefire vir a Vilalba”, explica Baamonde.

“Nesa zona de Vilalba antes habia unha liña que viña do Viveiró, pero cando se fixo o plan de transporte da Xunta esa foi unha das liñas que renunciaron os concesionarios anteriores, e na primeira fase do concurso quedou sen cubrir, e agora na segunda fase que estan facendo, si se contempla esta liña, pero a intención sería que comezará para o verán”, explica o alcalde.

Baamonde engade tamén que cambiarán os horarios para amoldarse ás necesidades dos veciños. “Antes había pouco tempo entre o de saída, ás 10 de mañá, e o de volta, ás 12. Así non daba tempo para facer compras, visitas ou o que necesitase”, explica Baamonde. Deste xeito, a idea é que o novo servizo teña saída de Regueiriño ás 8 da mañá e volva sobre as 13.00 horas. En principio, a idea é que o servizo comece a funcionar no mes de febreiro.