Skip to main content
ActualidadeVilalba

Adrián Vigo dará un concerto o 26 no auditorio de Vilalba

Por 16 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O vindeiro sábado 26 de xaneiro, o lucense Adrián Vigo, dará un concerto en compañía da súa banda no auditorio Carmen Estévez ás 20:30h con entrada gratuíta.

Adrián Vigo, un mozo que, cunha discapacidade do 80 %, compón cancións e toca o piano, presentará o que xa é o seu segundo disco titulado Reflejos, da man do seu profesor, amigo e compañeiro David Taboada, e acompañado da súa banda. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com e na Casa da Cultura.

Ademais, a sala de exposicións da Casa da Cultura de Vilalba acollerá durante o mes de febreiro a exposición de pintura da artista chairega Isabel Pardo Martínez, exposición que conta con 15 obras entre lenzos e láminas.

Estara aberta ao público dende o venres día 1 de febreiro ao 28.