Skip to main content
Actualidade

Xa hai gañadores do concurso infatil de poesía organizado pola biblioteca de Outeiro no Nadal

Por 17 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A Biblioteca Municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer o resultado do Certame de Poesía Infantil Nadal 2018. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Na categoría A, formada por nenos ata 8 anos, o premio foi para Gema Rey González, Iris Peña Piñeiro e Sergi Castro Anguita. COn accesit para Natalia Feijoo Alonso.

Na categoría B, formada por nenos de 9 a 11 anos, os gañadores foron Antía López López, Nadia López Darriba e Ernesto Abelleira Corredoira.