Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXAVilalba

O club de loita de Vilalba sitúase nos primeiros lugares dos campionatos galegos celebrados en Santiago

Por 21 Xaneiro, 2019Sin comentarios
O club de loitas olímpicas de Vilalba vén de acadar os primeiros postos en libre olímpica masculina tanto na categoría sénior como cadete nos campionatos galegos de loitas oímpicas que se celebraron no Pavillón Municipal de Santa Isabel de Santiago de Compostela.
O resto de clubs da provincia tamén tiveron unha notable participación acadando entre o Rábade, o Lugo e o Vilalba 24 medallas e varios podios por equipos ademais das primeiras prazas do Vilalba.
Este foi o primeiro evento desta tempada que comeza con bo pé. Agora continuarán a preparar as próximas citas autonómicas e estatais co obxectivo de clasificar aos deportistas máis destacados para as principais citas internacionais entre as que destaca o Mundial absoluto como primeira proba clasificatoria para os Xogos de Tokio e o europeo júnior que este ano se celebrará en Pontevedra e no que se agarda a participación de Carlos Yobani García.
CLUB DE LOITAS OLÍMPICAS VILALBA: 1º posto Sénior en Libre Olímpica Masculina, 2º posto en Grecorromana Masculina e 1º posto en Libre Olímpica Cadete.
  • SÉNIOR:
    1. JOSE CUBA: Ouro en libre olímpica menos de 125 kg e en Grecorromana en menos de 130 kg.
    2. RAMÓN MONASTERIO: Ouro en libre olímpica en menos de 96 kg e Ouro en grecorromana en menos de 97 kg.
    3. JOSE LUÍS PUENTES:  Ouro en libre olímpica en menos de 92 kg.
    4. JAVIER ROUCO REGO: prata en libre olímpica en menos de 96 kg.
    5. OSAMA LAHNIN: prata en libre olímpica en menos de 79 kg.
    6. MARCOS CARRAL: prata en libre olímpica en menos de 65 kg.
    7. ROBERTO DÍAZ OROSA:  prata en grecorromana en menos de 67 kg.
  • CADETE:
    1. MARTÍN PENA LAMA: ouro en libre olímpica en menos de 92 kg
    2. RUBÉN FRAGA CAL: prata en libre olímpica en menos de 71 kg.
    3. SAMUEL GARCÍA MIRAGAYA: ouro en libre olímpica e ouro en grecorromana en menos de 60 kg.
CLUB DE LOITA RÁBADE:
  • SÉNIOR:
    1. CARMEN CARRASCO: Prata en Libre Feminina en menos de 62 kg.
    2. GERGANA DIMITROVA: Prata en libre feminina en menos de 68 kg.
    3. MARTÍN VÁZQUEZ: Broncen en libre masculina menos de 92 kg e prata en Grecorromana en menos de 97 kg.
    4. JONATHA PERNAS: Bronce en libre masculina menos de 86 kg.
CLUB DE LOITA LUGO: 3º posto por equipos en en sénior libre feminina.
  • SÉNIOR:
  1. DAFNE NOGUEIRA: Ouro en libre feminina en menso de 62 kg.
  2. SABELA CHAN:  Prata en libre feminina en menos de 72 kg.
  3. CLEMENTE ALVES: bronce en libre olímpica en menos de  65 kg.
  4. NICOLÁS LÓPEZ: Prata en grecorromana en menos de 130 kg.
  • CADETE: ANTÓN LEIVAS: Prata en libre olímpica  e prata en grecorromana en menos de 45 kg.