Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Catro podiums para o Club Atletismo Friol na Pobra do Caramiñal

Por 22 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O pasado 19 de xaneiro disputouse na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Marcha en ruta, onde participaron once atletas do club Atletismo Friol, logrando un fantástico balance de catro podiums e unha gran actuación xeral.

A máis destacada da delegación de Friol foi Nerea Lage, que se facía coa vitoria na categoría sub 18, ademais de facerse coa quinta posición absoluta. A súa compañeira Vanesa Blanco tamén tiña unha destacada actuación, logrando o segundo posto e, polo tanto, a medalla de prata dentro da mesma categoría.

Tamén tiveron unha destacada actuación os debutantes Alba Meñan e Borja Arias. Alba lograba o subcampionato autonómico na categoria sub 10 e Borja adxudicábase a medalla de bronce na mesma categoría.

Polo que respecta á categoría sub 12, Lucas Castiñeira quedaba na sexta posición, mentras que Mara Montes era novena e Noa Mouriz finalizaba na décima posición tamén nesta categoría. Por último, Uxía Platero entraba no posto decimoterceiro dentro desta categoría. Xoel Castiñeira acababa no posto duodécimo dentro da categoría sub 14, e Mario Campo, no decimoterceiro. Por último, Eva Freire era quinta na categoría sub 18.